sábado

TONO

 Ángela, de 3º, escolleu nesta ocasión este fermosísimo libro de André Neves, escritor e ilustrador brasileiro cunha sensibilidade moi especial en todos os seus libros coa infancia.

É o autor de moitos libros, entre eles "Orellas de bolboreta" que tanto nos gusta contar no cole.

Tono , de Diego Pun Ediciones é un libro moi especial, que nos fala das características das persoas autistas a través do irmán maior de Tono.

Tono es el hermano del pequeño narrador de esta historia. Tono está sin estar, parece no ver ni escuchar, parece estar perdido entre sus sueños y pensamientos. El hermano de Tono no entiende porqué Tono es así. Pero un día serán capaces de vivir juntos un momento mágico, sin juicios ni miedo, encontrando esa conexión tan deseada.

(Reseña extraída do blog Literatura respetuosa)




BLANCA NIEVE Y LOS SIETE GIGANTONES

 Aquí temos outro título da colección "Había otra vez"  da Editorial Everest.

Xa vedes que é unha colección de moito éxito no cole.


Xa sabedes que esta colección "dálle a volta" a moitos contos clásicos e ademais está escrita en verso o que provoca que a lectura sexa moi musical e divertida.

En "Blanca Nieve y los siete gigantones" Blanca Nieve non é "Blanca", os ananos son "gigantones" e a mazá é unha sandía. E o máis importante! Balnca Nieve está moi agradecida a "Lizardo", o que lle deu o bico e lle salvou a vida, pero non se enamora del así sen máis, primeiro hai que coñecerse .

A autora, coma do resto de libros da colección é Yanitzia Canetti e a ilustradora Anne Decís.

luns

YO, JANE (Melissa)

 Xa é a segunda recomendación que nos chega deste libro, así que o deberiades ter en conta e buscalo na biblio para lelo se é que aínda non o fixestes!.

Nesta ocasión é Melissa (a nosa superrecomendadora de libros) que nos envía a súa reseña.



Por non repetir aquí toda a infomación do libro anímovos a que busquedes a outra entrada e a vexades, xa que vos explicameos quen é a verdadeira Jane e ata vos deixamos un vídeo chulísimo sobre ela.


Grazas Meli!!
 

ESTO NO ES UNA SELVA

 "Esto no es una selva"  é un álbum ilustrado da Editorial Flamboyant escrito por Susana Isern e ilustrado por Rocío Bonilla. Todo isto fai que xa saibamos, antes de ler o libro, que vai merecer a pena.

E así é para nós :


A protagonista desta historia aprende a necesidade de certa "orde" e "disciplina" na vida cotiá e que a pesar de que dicir "NON" é estupendo e nos fai sentir moi poderos@s, non sempre é a resposta axeitada.
A isto tamén se lle pode chamar "medrar", non si?

Estupenda recomendación.


sábado

NA NORIA DE GLORIA,. DÍA DA POESÍA

 Igual que fixemos polo Día de Rosalía de Castro decidimos deseñar un xogo de cartas co que disfrutar e aprender poesías. 

A autora escollida foi Gloria Fuertes, porque os seus poemas para nenas e nenos non teñen idade, porque é divertida, porque é seria, porque transmite moitas mensaxes valiosas, porque fai pensar, porque é de fácil lectura e máis fácil memorización, porque foi todo un revulsivo na sua época (a aínda agora) porque é unha muller moi, moi, moi salientable e porque nos "deu a gaña".

Fixemos unha escolla de 24 poemas para a nosa baralla e vos podo asegurar que non foi doado decidir cales dos seus poemas non ían estar no xogo, pero igual vos animades a coller os seus libros na biblio e así podedes ler outros moitos dela.

Tamén a dibuxamos ao ladiño de Pulpi que a abraza con agarimo.

Editamos un caderniño de xogo coas instruccións e a selección de poemas, editamos todas as cartas da baralla e tamén a traseira das mesmsas así como as cartas de penalización.

Se queredes imprimilas e xogar na casa non tedes máis que descargar o ducumento que poñemos aquí abaixo.

Disfrutade!




MAXIA NO COLE

 Foi unha vez, hai uns cantos anos, que a profe Carmen entrou nunha clase onde estaba a profe Merce e díxolle:

Qué tal Merceducas?

Pasado un tempo Merce estivo enferma e faltou durante un tempiño. As nenas e nenos do cole fixéronlle cadanseu dibuxo para entregarllos como agasallo cando volvese. Un dos debuxos, o de Juan, alumnno daquela clase na que entrou a profe Carmen adicoullo con estas palabras: PARA MERCE DUCAS, coma se do seu apelido se tratase.

Como sabedes a profe Merce xa se xubilou, pero segue a vir polo cole de vez en cando e a tod@s nos encanta que o faga. Ultimamente está aprendendo maxia así que se ofreceu para facerlles maxia ás rapazas e rapaces e non puidemos dicirlle que non, claro.

Así que preparamos o cartel da súa visita e como nome artístico puxémoslle....

MERCE DUCAS, claro!!!

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos con ela. Xa nos tarda que repita!



venres

LA PRINCESA NO

 Florinda recoméndanos a lectura deste álbum ilustrado que para nós debería ser de obrigada lectura.

"La princesa No" é unha princesa diferente, que non fai as cousas que se esperan das princesas dos contos (de aí o seu nome) e que escapa da casa e vive unha trepidante aventura que fai que aprenda o que de verdade a fai feliz.

Recomendado a partir de 4 anos e ata os 99.


O seu autor é Martín Badía que se encarga tanto do texto como da ilustración. Nado en Arxentina, onde estudiou Belas Artes e Deseño gráfico, vive e traballa en Barcelona. 

Este álbum foi pùblicado pola Editorial Beascoa e xa vedes que Florinda di que nunca cansa de lelo.

APRENDEMOS SOBRE MULLERES SALIENTABLES

 Propuxemos unha serie de actividades diferenciadas segundo o nivel do alumnado para aprender sobre mulleres salientables ademais de aprender a buscar e procesar información a través de medios tecnolóxicos.

As actividades propostas podédelas ver aquí:




E a reportaxe gráfica de como traballou o alumnado aquí:



Unha actividade moi completa na que as nenas e os nenos ademais de aprender disfrutaron moito.

xoves

A MIÑA NAI: MULLER MOI SALIENTABLE

 Con motivo do Día da muller, entre outras actividades, decidimos seguir a homenaxear ás mulleres que nos constrúen. Nesta ocasión cada nena e cada neno dibuxou á súa nai, nun formato dado para así construir un mural colectivo.

Estamos moi orgullos@s do resultado do mesmo.


mércores

HUGO. TEATRO AFUNDACIÓN.

 O pasado 8 de marzo asistimos á representación de "Hugo" á  Afundación Ferrol, dentro do seu programa educativo para escolares.

Hugo, de "Os náufragos teatro" foi gañadora do Premio María Casares ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022.

Conta a historia dun neno que é diferente ao que lle gustan moito os avións e tamén toca o piano e de Laia, unha nena que fala moito e á que lle gustan as plantas. Laia visita a Hugo cada día pero Hugo non sempre está coómodo coa súa visita e os seus plans e non sempre sabe resolver isto. Hugo ten TEA (Transtorno do Espectro Autista) e iso non lle facilita as cousas.

Nesta obra se fala disto con sensibilidade, empatía e veracidade.  Tamén  da beleza de sermos diferentes.





domingo

PAN E ROSAS

No documento que se adxunta poderedes coñecer unha breve historia sobre a importancia desta frase e da canción que co mesmo título ten por letra un poema de Oppenheim do ano 1912.
A día de hoxe segue a ser unha consigna política para reivindicar os dereitos da muller en particular e dos dereitos laborais en xeral.
Nós redactamos unha letra en galego baseada no poema e a interpretamos polo Día Internacional da Muller 2024.



E aquí vos deixamos a nosa interpretación. A canta o alumnado de 5º e 6º xunto coa profe de música para o resto da comunidade educativa.



FERMOSO TRABALLO!!!