Florinda recoméndanos a lectura deste álbum ilustrado que para nós debería ser de obrigada lectura.
"La princesa No" é unha princesa diferente, que non fai as cousas que se esperan das princesas dos contos (de aí o seu nome) e que escapa da casa e vive unha trepidante aventura que fai que aprenda o que de verdade a fai feliz.
Recomendado a partir de 4 anos e ata os 99.
O seu autor é Martín Badía que se encarga tanto do texto como da ilustración. Nado en Arxentina, onde estudiou Belas Artes e Deseño gráfico, vive e traballa en Barcelona.
Este álbum foi pùblicado pola Editorial Beascoa e xa vedes que Florinda di que nunca cansa de lelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario