O pasado 8 de marzo asistimos á representación de "Hugo" á Afundación Ferrol, dentro do seu programa educativo para escolares.
Hugo, de "Os náufragos teatro" foi gañadora do Premio María Casares ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022.
Conta a historia dun neno que é diferente ao que lle gustan moito os avións e tamén toca o piano e de Laia, unha nena que fala moito e á que lle gustan as plantas. Laia visita a Hugo cada día pero Hugo non sempre está coómodo coa súa visita e os seus plans e non sempre sabe resolver isto. Hugo ten TEA (Transtorno do Espectro Autista) e iso non lle facilita as cousas.
Nesta obra se fala disto con sensibilidade, empatía e veracidade. Tamén da beleza de sermos diferentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario