"Soñario o diccionario de sueños del Dr. Maravillas" é un libro de Javier Sáez Castán publicado pola editorial Océano Travesía que leva moitos anos formando parte dos fondos da nosa biblio e que nunca nos cansamos de ler e disfrutar.
Trátase dun enxeñoso libro que o autor (ou o DR. Maravillas) di que é capaz de interpretar os soños. En total 144 soños "os máis universais e recurrentes" que se obteñen combinando 12 palabras coas súas 12 ilustracións correspondentes.
Cada palabra vai acompañada da súa definición así como da interpretación de soñar con ela, pero a páxina está dividida pola súa metade horizontal, de maneira que permite combinacións con outras. Así aparecen palabras de nova creación que manteñen unha definición coherente (aínda que imaxinaria) e unha interpretación do soño correspondente sintácticamente ben estructurada.
Todas as palabras aparecen na páxina da esquerda (pares) e as súas ilustracións nas páxinas da dereita (impares) que tamén a súa vez están "cortadas" pola súa metade horizontal. Cando combinamos as páxinas as ilustracións igualmente producen unha ilustración que se axusta á nova palabra .
Este curso, ademais de disfrutar da lectura do libro, decidimos crear o noso propio Soñario" en 6º de Primaria como un trabllo interdisciplinar de Lingua Galega e Espresión plástica.
Foi un traballo interesante xa que o alumnado debería estudiar con atención qué frases se podían construír para que ao cortalas e empatalas con outras metades seguisen tendo coherencia sintáctica e gramatical.
Cada alumn@ debería encargarse de 2 páxinas do libro, tanto da parte escrita como da ilustración. Para iso establecimos unhas medidas exactas e comúns para tod@s.
Tamén deberían procurar unha moi boa presentación e rotulación para resultar atractivo.
Aínda estamos no proceso de encuadernación pero aquí vos deixamos un anticipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario