venres

PORRA ESPECIAL DO MAGOSTO 2018

Durante toda a semana o alumnado e o profesorado foi participando nunha porra con froitos de Outono.

Colocáronse uns frascos cunha cantidade indeterminada de froitos secos, e ao seu lado unhas cuncas con 10 deses mesmos froitos. A actividade consistía en adiviñar o número de froitos que había en cada frasco grande baseándose na estimación tomando en conta o volume que ocupa unha decena.
Nunhas listas se foron apuntando os participantes e a súa "aposta".

A actividade foi anunciada polo alumnado de 3º en cada unha das aulas e pasada a semana fíxose un reconto da cantidade exacta e anunciáronse @s gañadores e gañadoras da porra.

Fixéronselles entrega duns pequenos agasallos de premio.

Estamos desexando que chegue outra porra!

PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE:





ACTIVIDADE:







ENTREGA DE PREMIOS:












Ningún comentario:

Publicar un comentario