mércores

25-N. LECTURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito.


Así comenza o título que escollimos para celebrar unha sesión especial de lecturas na biblioteca, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

"As mulleres que cultivaban néboas", de Bea Gregores e editado por Edicións Xerais é o primeiro álbum ilustrado que esta autora asina por completo (texto e ilustracións).

Cando o trouxemos para a nosa biblioteca xa sabiamos que era fime candidato a unha sesión de lectura colectiva, aínda que determinamos que se ofertaría ao alumnado de 3º a 6º de educación primaria.

Foi unha fermosa sesión na que deu tempo a unha lectura comentada, tanto do texto como das ilustracións e na que o alumnado entendeu perfectamente a mensaxe e disfrutou da súa marcada dimensión metafórica.

Fermoso momento e triste motivo.









Ningún comentario:

Publicar un comentario