No noso cole estamos desexando deixar de celebrar este día. Isto querería dicir que xa non é necesario, que non se exerce ningún tipo de violencia sobre as mulleres só polo feito de selo. Ningúntipo de violencia, repetimos. Ningún.
Pero a verdade é que o seguimos a celebrar. Se é que hai algo que celebrar. Preferimos dicir que seguimos a educar todos e cada un dos días do curso (e do ano) para que se acabe dunha vez o 25 de novembro, e que nesta data amosamos o noso enoxo porque aínda temos que seguir a recordalo.
E o seguiremos facendo mentras sexa necesario. Unha e outra vez. Incansables.
Participamos coa iniciativa do Concello de Mugardos "Camiño ao respecto".
Un autobús recolleunos no cole e trasladounos ao Pavillón do Cristo de Mugardos, para dende alí, e xunto co alumnado do CEIP. Unión Mugardesa e o IES. de Mugardos trasladarnos a pé ata a praza do Concello onde, xunto ao alumnado do Colexio Loyola e a veciñanza que quisexe participar, terían lugar os actos institucuionais: Lectura do Manifesto (que non dfomos capaces de atopalo nas redes), minuto de silenzo e solta de globos, un por cada muller asasiñada por esta causa no 2022 en España.
Nesta andaina levariamos uns panos proporcionados polo Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario