venres

PROXECTO IMAXINARTE

Para poñer o broche final a este curso, celebramos unha fermosa exposición cos traballos artísticos realizados polo alumnado dentro do proxecto de centro ImaxinArte.

A entrada do colexio, os dous corredores e a biblioteca convertéronse nun auténtico museo, onde as familias puideron gozar das creacións inspiradas nos diferentes autores e autoras traballados ao longo do curso. Entre eles estiveron Van Gogh, Kandinski, Gaudí, Picasso, Rosalía de Castro, Castelao, Yayoi Kusama e Andy Warhol. Cada obra reflectía a creatividade, a imaxinación e a particular interpretación que cada nena e neno fixo do artista estudado.













Ademais, na radio escolar expuxéronse as reseñas das persoas entrevistadas ao longo deste curso: músicos, pintores, deportistas, sanitarios e outros profesionais que compartiron connosco as súas experiencias e coñecementos, enriquecendo a aprendizaxe do alumnado.
Neste mesmo espazo o alumnado tamén explicou a súa experiencia no Programa CANSAT, relatando as partes e o funcionamento do sátelite creado por eles mesmos.


O máis especial desta xornada foi que foron as propias nenas e nenos os encargados de acompañar ás súas familias durante a visita, explicándolles quen eran os autores traballados, que aprenderan sobre eles e o significado das súas creacións. Con moita ilusión e entusiasmo convertéronse en auténticos guías da exposición, demostrando todo o aprendido ao longo do curso.


 



Para pechar a xornada o todo o alumnado do centro preparou coa mestra de música uns bailes de despedida.

Foi unha magnífica maneira de compartir coa comunidade educativa o traballo realizado durante estes meses e de celebrar a arte, a lectura, a creatividade e a aprendizaxe compartida.

Grazas a todas as familias pola súa asistencia e por acompañarnos unha vez máis nesta experiencia tan especial. Ata o vindeiro curso!

Ningún comentario:

Publicar un comentario