O alumnado de todas as idades participou activamente nesta iniciativa, investigando, descubrindo e creando inspiracións baseadas en artistas tan recoñecidos como Gaudí, Kandinsky, Picasso,(galegos como Leandro Lamas, Castelao),Van Gogh etc...
Cada grupo achegou a súa visión persoal e creativa, elaborando traballos moi variados que DESDE as clases de plástica e traballos feitos para distintas datas significativas como o entroido, día de rosalía... reflicten tanto o coñecemento adquirido como o esforzo e a ilusión postos en cada actividade.
O resultado deste traballo colectivo é unha gran exposición artística distribuída por distintos espazos do centro, convertendo os corredores e aulas nun auténtico museo cheo de cor, creatividade e aprendizaxe.
Na última semana de clase, as familias terán a oportunidade de visitar esta exposición e coñecer de preto as obras realizadas polo alumnado. Ademais, os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria asumirán o papel de guías, acompañando aos visitantes durante o percorrido e explicando os diferentes traballos e artistas que inspiraron cada creación e unha actuación final moi especial.
Será unha ocasión moi especial para compartir coa comunidade educativa todo o aprendido durante este curso e para celebrar, xuntos, o valor da arte como ferramenta de expresión, coñecemento e convivencia.











.jpg)




Ningún comentario:
Publicar un comentario