MBot Explorer Kit de Make Block
Lego WeDo 2.0
Así que se realizan diferentes actividades segundo o nivel do alumnado que se inclúen nas diferentes áreas de aprendizaxe.
En 6º de Primaria a hora semanal de materia de libre configuración é a de robótica así que traballaron máis especificamente actividades propias da robótica e da programación con Scratch.
Os diferentes taboleiros para Escornabots van dirixidos fundamentalmente ao alumnado dende E. Infantil ata 3º de primaria e en diferentes áreas (lingua, matemáticas, ciencias, lóxica...). En moitas ocasión os taboleiros son efímeros, é dicir, creados para a ocasión en papel escribindo nos cadros ou colocando dibuxos previamente recortados pero que non se plastifican e gardan posteriormente.
Tamén hai creacións que consideramos que merecen ser conservadas e almacenadas para posteriores usos.
Escornabot Brivoi
En 3º, 4º e 5º as actividades cos kits de lego WeDo versaron sobre temas específicos de Ciencias Naturais (Tecnoloxía). A últimas actividades versaron sobre "A polea" dentro do tema As máquinas simples.
E en 1º e 2º tamén traballaron cos Lego WeDo traballando coas rodas e construíndo coches:
Estas actividades fan as ledicias do alumnado que sempre preguntan cando volverán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario