Ao longo de todo o curso os venres cada nena e cada neno desta aula levaba un libro para casa dunha selección feita pola profesora dos fondos da biblioteca escolar para ambos cursos. Ao seguinte venres devolvíanos e escollían outro.
Desas lecturas propoñíanse diversas actividades. Principalmente:
- Ficha de lectura
- Debuxo do personaxe favorito.
- Cambiar o final do conto
- Exposición oral aos compañeiros sobre o libro leído.
Ademais da lectura tamén utilizaron os fondos da biblioteca escolar para a consulta de libros relaccionados coa horta, dentro do Proxecto de Centro "Dándolle a lingua na horta". Consultaron libros sobre preparación de semilleiros (cenorias), reproducción das plantas e o seu coidado (para plantar sementes de flores e pequenas plantas e para elaborar carteis informativos das plantas da horta escolar (xa en outra entrada).
No último trimestre o alumnado de 2º escollía o libro en préstamo na biblioteca accedendo así libremente a todo o fondo ( e non limitándose á selección da aula). Asimesmo moit@s animábanse a levar películas.
Están feitos uns magníficos usuarios e usuarias da biblioteca escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario