mércores

KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

 Unha vez máis participamos nesta iniciativa da ONG Save the Chrildren.

Xa sabedes.... As nenas e nenos do cole corren pola paz ademais de coñecer mellor o mundo que lles rodea a partir dos materiais que a ONG proporciona e que traballamos nas aulas.

Este ano a ONG adica esta iniciativa (e os cartos recollidos con ela) ao Corno de África, onde a pobreza, o cambio climático, os conflictos ,a desnutrición e a pandemia polo Covid e as desigualdades de xénero provocan unha situación de hambruna alrmante e nunca antes acadada.

Pensade só por un momento que no mundo hai 5,7 millóns de nenas e nenos menores de 5 anos en risco de morte por desnutrición. Dise moi rápido pero non é fácil de dixerir.

O noso alumnado, co dorlas proporcionado pola ONG corre cantas voltas ao patio poida e sexa capaz. No seu "carnet da carreira" apúntanse al voltas que deu e as familias "subencionan" o seu esforzo na medida que estimen oportuna.

Os cartos recollidos son enviados por nós á ONG para axudar nesta loita imprescindible.

GRAZAS A TOD@S POLO VOSO ESFORZO E IMPLICACIÓN




















Ningún comentario:

Publicar un comentario