O pasado día 2 de abril celebrouse O día Mundia de Concienciacion sobre O AUTISMO.
No noso cole quixemos conmemorar este día realizando una serie de actividades nas que participou todo o alumnado.
Primeiro, na nosa Biblioteca, escoitamos a lectura do conto "Soy la pera" de Pau Brunet, un conto que relata a propia experiencia e o día a día dun neno con Autismo.
Posteriormente, reflexionamos sobre os Mitos do Autismo, e aprendimos que non hai que dar cousas por feito e que as personas con Autismo, son personas únicas e que teñen unha forma diferente de ver e entender o mundo.
A continuación podedes botarlle un ollo á presentación sobre ditos mitos.
Persoas diferentes, formas diferentes de entender o mundoPor último, distribuídos en grupos mixtos de diferentes niveis educativos, realizamos un obradoiro de botellas sensoriais para o alumnado TEA do centro.
Unha actividade moi artística que espertou no alumnado toda a súa creatividade.
Se queredes probar na casa aquí tedes as instruccións de como fixemos cada botella.
Xa para rematar, se queredes ver o ben que o pasamos, botade un ollo ao seguinte video.
Ningún comentario:
Publicar un comentario