sábado

LA ISLA. LECTURAS PARA A PAZ I

Edición especial da "Hora do conto" con motivo do Día da Paz 2020.

Celebrámolo durante dous días seguidos.
Nun primeiro día a lectura foi dirixida ao alumnado dende 3º a 6º de Primaria porque o texto escollido pensamos non era o idóneo para os máis pequenos.

O texto escollido foi "La isla" de Armin Greder editado por Lóguez Ediciones.

Este álbum ilustrado fainos ver cómo pode crecer nun grupo humano o rechazo a un extraño, de como pode nacer e medrar o odio e a violencia, de como o medo e a manipulación a través del esperta a brutalidade por enriba de máximas tan extendidas como "tod@s somos iguais e temos os mesmos dereitos". E denuncia tanto a brutalidade, odio e violencia dalgúns como a pasividade de outros antes estes feitos.
Unha historia que por desgracia segue a estar de rabiosa actualidade e que nos fai pensar e reflexionar e sobre todo axuda a decidir quen e como queremos ser.


                             



As imaxes do álbum apoian e incrementan o dramatismo do texto co seu realismo, trazo, sombras e colorido e mesmo aportan historias que non están no texto, como esa imaxe onde os nenos da illa xogan repetindo esceas que viron nos maiores, aprendendo conductas de humillación e odio e incorporándoas de xeito natural nas súas vidas. Probablemente unha das imaxes "máis duras" do álbum. Polo menos para mín.








Atopamos o vídeo coas ilustracións en Youtube e gravamos a lectura en galego engadíndolle a música de Carmina Burana "O fortuna" que pensamos lle acaía perfecta.

O alumnado, máis acostumado a historias con final feliz, quedou un tanto desconcertado (e iso que xa avisamos ao empezo que era unha historia "dura"pero "imprescindible") pero iso deu moito pé a reflexionar sobre a historia e, como anteriormente indiquei, a decidir quen e como quero ser.

Foi unha moi boa elección.

Clica na imaxe para acceder ao vídeo






Ningún comentario:

Publicar un comentario