sábado

XA TEMOS IMPRESORA 3D

Despois de analizar diferente información e de conseguir xuntar a varios Centros Educativos de Galicia para realizar unha compra conxunta da impresora escollida (o que facía que nos saíse mellor de precio) organizamos unha xornada conxunta de formación no uso da impresora.

Foi moi laborioso:

Establecer contacto coa empresa para solicitar unha oferta da impresora en caso de que se produxese unha compra conxunta.

Establecer contacto con todos os centros educativos de Galicia que están tamén no segundo ano de Bibliotecas Creativas e polo tanto adquirirán unha impresora 3D, informar da oferta e apuntar a aqueles que tamén se decantaban pola compra deste modelo.

Agardar polas decisións dalgúns centros que aínda non acordaran cal comprar.

Por fin, e despois de dous meses xa tiñamos o listado pechado. Só nos faltaba atopar un lugar onde realizar unha xornada de formación conxunta sobre o uso da impresora. Solicitamos a utilización de varias dependencias en Santiago e non nos foron concedidas. Así que todo o noso esforzo estaba en serio perigo.
A última hora (a véspera do evento) dende o CFR de Santiago suxeríronnos solicitar o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, situado en Conxo. Tamén  o CIFP. Compostela nos facía un oco nas súas instalacións. Escollimos o primeiro e agradecimos moito ao director do CIFP a súa xenerosidade.

E por fin puidemos acudir á formación  sobre o uso e funcionamento da impresora LION 2, (a escollida) da empresa León3D .

Foi unha tarde moi, moi, moi productiva. Aprendín moito e vin  as moitas  posibilidades que a máquina ofrece. Así que agora toca seguir aprendendo e ir ensinando ao noso alumnado as súas posibilidades!



Estas son algunhas fotos que tomei durante a formación





Xa podemos empezar a traballar coa nosa!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario