Para conmemorar esta data pediuse ao alumnado de 5º e 6º que dibuxasen unha silueta dalgo relaccionado co libro co obxecto de imprimila na impresora 3D, .
Eses debuxos sufriron todas estas transformacións para poder ser impesos:
- Escaneados en formato .jpg
- Convertidos en arquivos .svg on-line.
- Cada imaxe en forma vector (.svg) foi importado a Tinkercad para redimensionalo e exportalo en arquivo .stl
- Introducidos no Software da nosa impresora para obter arquivos CODE e así poder imprimilos.
Estes catro procesos foron realizados polo alumnado de maneira que adquirisen competencias para o tratamento de arquivos para a impresión aditiva.
A impresión dos mesmos se fará un destes días. Prometemos amosarvos o resultado, cando ademais, se así o prefiren , poderán colorealos.
De momento observade algún dos deseños escollidos:
E así se ven cando os importamos a Tinkercad.
Ningún comentario:
Publicar un comentario