Como cada ano a AsociaciónCultural Apelón, en colaboración co Concello, facilitounos a Festa dos Maios.
Eles trouxeron 2 maios, un máis pequeno que o outro, o grupo de gaitas "Trouleada" así como froita e auga para o alumnado.
Nós puxemos as flores, coas que adornamos ámbolos dous maios, a copla do maio (que cantamos entre tod@s) e a danza (usando paus, arcos e cintas).
O alumnado de 5º e 6º montou unha tendiña dos maios.
Para iso elaboraron unhas macetas con material de refugallo e plantaron esquexes para vender a plantiña completa. Tamén trouxeron doces elaborados nas súas casas e bocadillos que prepararon no cole con axuda das profes.
Nesta primeira presentación fotográfica tedes a parte de adornar os maios.
Diseño de biblioteca franza Aquí vos deixamos a parte da tenda e a merenda:
Diseño de biblioteca franza
E aquí a danza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario