Polo Día das Letras Galegas o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria participou nunha actividade no IES de Mugardos, acompañad@s do alumnado de 6º do CEIP. Unión Mugardesa, xunto co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Mugardos.
@s participantes, dividid@s en grupos que procuraron mixturar a todo o alumnado, comezaron coa Carreira da Lingua na que obtiñan pistas para elaborar un cadro sobre Francisco Fernández del Riego. Logo os equipos participaron en distintos xogos.
Colaborou na organización o servizo municipal de deportes e o SNL da mancomunidade.
O pasado venres 19 de maio celebramos O galego dá moito xogo en Mugardos, cos primeiros cursos do IES e últimos cursos dos coles.
Pasámolo ben e gañamos moitas estrelas azuis por usarmos a lingua galega. Algún grupo cun mural moi creativo tamén gañou algúns exemplares de banda deseñada. E todas as persoas participantes unha bolsa co lema O galego dá moito xogo!
Extraído do blog do SNL da comunidade
Aquí vos deixamos un vídeo que fixeron
Ningún comentario:
Publicar un comentario