domingo

NAVEGA CON RUMBO.

Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo é unha iniciativa encamiñada a que o alumnado dos centros escolares de Galicia, naveguen con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet coas recomendacións que este plan ofrece.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia organizan este Plan dende hai xa varos anos (iniciouse no curso 2010-2011).

A pessar de ter recibido unha charla destas características a principio de curso dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos  decidimos solicitar tamén esta formación, xa que cremos moi necesaria unha ampla educación no uso da rede.

Un membro do Colexio Profesional de Enxenería en Informática de Galicia impartiu a charla na aula de 5º e 6º.






Para que non se nos esquenzan o maís importante do que aprendimos vos deixamos aquí os 1º "tips" extraídos da web do programa.

1. Protexerei a miña privacidade

Sempre empregarei un alcume e nunca intercambiarei datos persoais por Internet. Debo ser consciente de que calquera contido que suba a Internet estará dispoñible para moitísimas persoas.

2. Configurarei o meu perfil

Manterei o perfil privado nas redes sociais para evitar que descoñecidos accedan a miña información persoal.

3. Falarei co meu pai, nai e titores

Comentarei co meu pai, nai ou titores calquera situación que me incomode. Os riscos en liña son semellantes aos da vida real e podo atopar a alguén que me amole virtualmente.

4. Ignorarei o spam e outros

Non farei caso do spam, é dicir, non abrirei correos electrónicos nin documentos xuntos sospeitosos.

5. Non mercarei sen permiso

Non farei compras por Internet sen consultalo cos meus maiores.

6. Serei respectuoso

Gardarei respecto e educación nas formas e no xeito de expresarme a través de Internet. Se atopo un sitio no que está escrito “acceso prohibido a menores”, respectarei esa indicación.

7. Usarei contrasinais difíciles de adiviñar

Evitarei os contrasinais fáciles de adiviñar, como nome ou data de nacemento, e usarei maiúsculas, minúsculas, números e sinais.

8. Non me fiarei dos perfís

Non me fiarei dos descoñecidos cos que tome contacto a través de Internet e, por suposto, non me citarei con eles a través da Rede para quedar na vida real.

9. Coidarei o meu dispositivo (ordenador, portátil, móbil, tableta ….)

Empregarei sempre software actualizado e por medio de canles oficiais.

10. Recordarei que Internet ten memoria

Antes de publicar, pensarei dúas veces se o escrito é correcto, se fará dano, se se entende como eu penso…


Ningún comentario:

Publicar un comentario