Este día foi moi especial no noso cole.
Reunímonos tod@s na biblioteca para asistir á presentación do libro "Mirando o Guernica" que foi elaborado a man pola profe Carmen con información coa que traballamos con motivo do Día da Paz 2024 e ampliándoa con dúas seccións novas.
Aquí tedes un pequeno vídeo deste momento.
No libro, ademais das figuras do Guernica e información sobre cada unha delas, tamén se vai dando información páxina a páxina da historia e curiosidades do cadro.
En cada páxina se engade unha viñeta de diferentes humoristas gráficos que utilizaron e utilizan as figuras do cadro como símbolo de denuncia de situacións diferentes e sobre todo das guerras que por desgracia seguen a estar presentes na humanidade.
Tamén inclúe unha breve información sobre cada un dos viñetistas escollidos.
Na páxina da pomba ferida se explica a relación de Picasso coa pomba da paz como símbolo e amosa unha serie de pombas por el deseñadas ao longo do tempo.
Completa o libro un prólogo que o xustifica acompañado dun debuxo do bombardeo feito a man e un agasallo final en forma de poema sobre a flor do Guernica.
Unha marabilla de libro que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
Aquí vos deixamos un vídeo do libro.
.
E despois da presentación rematamos a xornada compartindo lecturas na biblioteca e facéndonos fotos no escenario preparado para tal fin coas que faremos unha exposición nos taboleiros da entrada do cole.
Tamén temos preparado outro escenario de fotos pero aínda non nos deu tempo a sacalas, pero xa vos informamos que será moi, moi, moi, especial.
Estade atent@s que axiña publicaremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario