martes

CANDO CHEGAN LIBROS NOVOS

 A biblioteca escolar vai aumentando os seus fondos ano a ano grazas á dotación económica que recibimos cada curso por pertencer ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), toda vez que o noso proxecto de biblioteca foi aprobado no 2010 e todas as memorias que se entregan ao final do curso escolar obteñen unha calificación positiva.

En moitas ocasións os fondos novos expóñense  na biblioteca, para que así alumnado e profesorado poida achegarse a explorala.

Pero pensamos que moitas veces é máis eficaz presentar os novos libros directamente nas aulas e dar un tempo para a súa exploración, porque desta maneira aseguramos que todo o alumnado coñece as novas adquisicións, tamén aquel alumnado que non vai pola biblioteca nos recreos.

Así o fixemos en 3º e 4º e disfrutamos moito deste momento.

Vos deixamos aquí a explicación de como o fixemos , fortos do memento así como as portadas dos novos fondos con enlaces  onde obter información dos mesmos.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario