domingo

CONSTRUÍNDO OS NOSOS PROPIOS PANEIS PARA OS ESCORNABOTS

Como actividade polo Día da Muller Traballadora en 5º emprenderon o desafío de elaborar un panel para os escornabots con esta temática.
Escolleron tres escritoras galegas que foron homenaxeadas polo Día das Letras Galegas, títulos das súas obras e ano no que foron homenaxeadas e construíron este panel que logo propuxeron a outros alumnos e alumnas.
Tanto o alumnado que elaborou o panel como o que o resolveu tivo que buscar a información precisa para ser quen de realizar axeitadamente a súa tarefa.
Foi unha actividade divertida e moi motivadora.



Ningún comentario:

Publicar un comentario