mércores

ROBÓTICA NO COLE. ESCORNABOTS.

Todo o profesorado do Centro participan este curso nun  PFPP (Plan formativo proposto polo propio centro). Aprendemos a traballar co método ABN (metodoloxía destinada ao cálculo Aberto Basado en Números que é unha alternativa ao ensino tradicional das matemáticas) e  iniciámosos tamén coa robótica.
Mercáronse 6 escornabots, 2 dos cales pasarán a formar parte do recanto de trebellos da biblioteca escolar (os outros 4 gardaranse aparte para garantir que sempre temos algún operativo).
Escornabot é proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot básico pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos. A partir de aquí, a imaxinación é o único límite nas posibilidades que nos pode ofertar.
Unha vez que aprendimos os profes, mostrámosllos aos nenos e neas que disfrutaron moito da novidade!!!












Cando o alumnado xa aprendeu a “xogar” cos escornabots plantexáronselles paneis que para a súa resolución tiñan que realizar unha búsqueda de información. E outra actividade na que eles mesmos elaboraron paneis.
 Porque a robótica ten un lugar especial na biblioteca escolar. E o curso que vén contará cun espazo nun recanto especial de trebellos varios. Seguro que haberá cola para usalo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario