1º, 2º e 3º
de E. Primaria o 21 de febreiro e 4º,5º e 6º o 22, visitaron o Museo de Historia Natural de Ferrol. A exposición, que conta con seccións únicas,
como a de mamíferos mariños e a de pezas de restos óseos, é unha das coleccións
máis importantes da Península Ibérica. A Sociedade Galega de Historia Natural
(SGHN) mantén unhas normas éticas que non permiten que forme parte da mostra nada
procedente de animais capturados ilegalmente, feridos ou sacrificados. A súa
colección de cetáceos fósiles do Atlántico norte é a máis completa de Europa y
unha das máis importantes do mundo.
Aproveitaron
a saída a Ferrol, e ao barrio para visitar "As Meninas de Canido". Unha
mostra de como a arte pode cambiar a morfoloxía dunha área urbán esquecida. Con
esta intervención á que acuden pintores de moitos rincóns do mundo e na que se
implican vecinos e outros artistas de diversas disciplinas artísticas, o barrio
convertiuse nun referente internacional do arte urbán
Dende o comenzo
da acción de As Meninas de Canido no ano 2008, uns mil douscentos artistas pasaron
por el barrio para deixar o seu legado. @s pintores encheron de cor aqueles
muros abandoados e grises. E teñen un espazo reservado para Bansky.
MUSEO DE HISTORIA NATURAL FERROL by Slidely Slideshow
VISITA ÁS MENINAS DE CANIDO by Slidely Slideshow
Ningún comentario:
Publicar un comentario