Este ano para conmemorar esta data tan importante para nós aceptamos a proposta da Asociación Cultural Apelón, asociación do noso Concello que está a realizar unha grande labor promovendo a nosa lingua, cultura e patrimonio.
A proposta consistiu en traballar nos diferentes cursos unha unidade didáctica sobre Rosalía na que traballaba o léxico referido a lugares e edificios típicos da nosa terra e presentes en calquera ladea de Galicia.
Invitaba tamén á realización dun roteiro visitando eses lugares que aparecían na unidade didáctica (fonte, igrexa, lavadoiro....) e recitando os da unidade didáctica nos que aparecen eses mesmos lugares na poesía de Rosalía.
A idea pareceunos marabillosa e puxémonos mans á obra.
Ata buscamos información en internet para atopar a localización exacta deses lugares e dibuxar axeitadamente o reoteiro que fariamos despois.
aquí tedes as fotos de como o fixemos acompañadas da canción "Adiós ríos, adiós fontes" interpretada polo alumnado do Centro hai xa 5 anos.
Día de Rosalía de Castro by Slidely Slideshow
Ningún comentario:
Publicar un comentario