Un ano máis celebramos esta fermosa festa no cole.
Hai dous cursos foi na Regueira pero este curso non podía ser por mor da pandemia.
Así que o fixemos na pista do cole.
Como sempre contamos coa colaboración da Asociación Cultural Apelón Educación quen nos proporcionou oa maios cubertos de verde e conseguiunos que a banda de música folclórica Trouleada viñese a tocar na festa. Sempre lles estamos tremendamente agradecidas!
Para celebralo nenas e nenos trouxeron flores das súas casas e viñeron vestidas e vestidos con camiseta branca. Na pista colocámonos ben separados, cos cubrebocas postos e achegábamonos ao maio por grupos de aula.
Unha vez adornados cantamos e bailamos ao maio.
Cantamos unha copla con letra inventada en cada aula, baseándose na melodía tradicional de Ourense á que lle engadimos un retrouso.
E bailamos a Muiñeira de Chantada repartida por clases e utilizando diferentes "trebellos" de danza: paus, arcos e cintas.
Pero o mellor é que o vexades por vós mesm@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario