luns

ONDE A LECTURA NOS LEVA.

 Neste mes de abril, mes dos libros, naceu esta bonita actividade que sorprendeu a todos e espertou no alumnado as capacidades plásticas e visuais, ademais de propiciar unha fermosa reflexión sobre a lectura e os libros.

A idea xurdiu deste libro (se clicades na imaxe teredes máis información)


O editor Michael Krüger enviou a 46 escritores e escritoras de diferentes países outras tantas ilustracións de Quint Buchholz, todas elas marabillosas e todas elas con referencia aos libros e a lectura. Algúns exemplos tédelos aquí:




Cada pequena historia deste libro naceu do poder de inspiración das ilustracións. Un traballo ao revés.


A actividade plástica e visual sería a través da técnica collage e precisou dunha reflexión previa sobre o resultado a acadar, unha búsqueda de imaxes axeitada, unha fotografía persoal coa postura precisa e unha montaxe coidadosa buscando unha creación armónica, estructurada e sorprendente.

O resultado, como podedes ver foi máis que satisfactorio e estas pequenas obras de arte decoran un corredor do centro.


Non vos preocupedes, aquí tedes unha visión "polo miúdo" de cada traballo.

Parabéns ás/aos artistas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario