domingo

PLÁSTICUS MARÍTIMUS UNHA ESPECIE INVASORA. DÍA DOS OCÉANOS


A editorial Kalandraka vén de publicar un marabilloso libro que tan só co título espertou a miña curiosidade. "PLÁSTICUS MARÍTIMUS, UNHA ESPECIE INVASORA".
Xa sabedes que no cole este ano traballamos por chegar a "PLÁTICO 0" nas merendas grazas á iniciativa das nenaas e nenos de 4º.

Xa hai anos que se vou á praia cando aínda non empezou a tempada  e aínda non a limparon, a cantidade de plástico que vexo cáusame arrepíos.

Este verán, despois dun temporal, a praia á que vou encheuse de algas que cubriron a area en montóns de máis de medio metro de altura. Isto non é o sorprendente (pasa ás veces dende que eu era nena) o sorprendente foi a cantidade de plástico que coas algas chegaba á praia. Así que durante moitos días baixaba cunha bolsa onde recollía o plástico e o levaba ao contenedor varias veces nunha tarde. E máis xente coma min tamén o facía e sempre, sempre  recollías plástico.

Tamén lin moitas noticias onde constataban que os "microplásticos" son inxeridos por peixes e outros seres mariños que poden chegar a morrer pola inxesta e que está comprobado que parte do plástico inxerido por eles inxerímolo nós cando nos alimentamos deles.

Cómpre pois concienciarse da importancia de reducir ao máximo o uso e consumo de plástico se queremos conservar os océanos. E máis os valerá facelo pois son de vital importancia para a vida no planeta.

E agora falemos do libro.
Se clicas na imaxe da súa portada irás á páxina de Kalandraka






Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos. O equivalente a un camión cheo de plástico por minuto! Porque é artificial, invasora, contaminante e ten unha vida moi longa, esta 'especie' merece ter os días contados.


Queredes ver o "Book Trailer"? Clicade na imaxe 




Busquei entón ás autoras na rede, porque se trata dun libro editado primeiro en Portugal e quería coñecer algo máis.
 Atopei un Facebook co mesmo título que o libro e así souben que Pláticus marítimus é un proxecto persoal  (de Ana Pêgo )que ten como obxectivo informar e educar sobre o grave problema do plástico nos océanos.

Como parte dese proxecto naceu este libro, pero o seu proxecto abarca moito máis.
Crea arte co plástico que a autora recolle nas praias, imparte obradoiros, charlas, crea oficinas de verán con rapazas e rapaces que crean tamén arte cos plásticos e mesmo fan música con eles!!

Nós tamén na clase de Música e mesmo creamos arte con tapóns!



Feito con tapóns e "Clip It" na biblio

Se vivira en Portugal achegaríame a un deses obradoiros sen dubidalo.


Clicade no emblema do seu Facebook para acceder e poder disfrutar da súa arte.


Sen dúbida estará na nosa biblio!!!



E este libro vén moi a conto da celebración do Día Mundial dos océanos.
Queredes saber máis? Pois seguide lendo:


En 2008 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, por iniciativa de Canadá, acordou que a partir do 2009 o 8 de xuño sería o Día Mundial dos Océanos. 

Os océanos aliméntannos, regulan o noso clima e xeran a maior parte do osíxeno que respiramos e absorven o 30% do dióxido de carbono que emitimos amortiguando así o quentamento global. Pero a pesares da súa importancia, os océanos enfróntanse a ameazas sen precedentes como resultado da actividade humana. (Textos extraídos e refundidos da páxina  https://www.un.org/es/observances/oceans-day)

Sabíades que organismos descubertos a profundidades extremas están a ser utilizados para acelerar a detección do COVID-19?
Sabíades que este ecosistema (o dos Océanos) podería dar unha solución á humanidade?

Se clicas na imaxe poderás acceder a esta información e moita máis sobre o tema.





Ningún comentario:

Publicar un comentario