domingo

FESTIVAL DE FIN DE CURSO. UNHA VEZ MÁIS VIRTUAL

 Para este fin de curso nas clases de música preparamos diferentes actuacións do alumnado para recollelas en vídeo e compartilas a través deste blog.

Así en E. Infantil prepararon esta canción a partir da versión karaoke de Sereíña do mar de Mamá Cabra, a quen agradecemos a súa xenerosidade por permitirnos usar a súa canción para esta actividade.




En 1º e 2º anuncian as vacacións e o tempo de praia cunha orquesta de cubos e palas.


En 3º e 4º preparamos esta coreografía coa conción "Terra" de Tanxugueiras que tanto nos gusta.
Para a coreografía utilizamos pasos doutra creada por Benito Buíde, mestre de música e creador do método de percusión corporal Takedinorum, ao que agradecemos a súa xenerosidade para permitirnos incluílos na nosa.


 

En quinto estabamos a preparar unha nova grabaión do conto de Frederick rimado e con títeres de pau. Pero por coincidir o día da súa clase con festivo e con outras actividades do centro, entre outros problemas,  non tivemos tempo para facelo ben. Así que nesta ocasión non vos podemos compartir a súa actuación.
En cambio pediron a Pili, profe de E. Física que os grabase nunha coreografía improvisada e que se puxese neste blog, así que aquí vos queda:



O alumnado de 6º preparou esta composición instrumental que traballaron con moita profesionalidade e que lles quedou así de ben.


Ningún comentario:

Publicar un comentario