luns

CARMEN GARCÍA MATEO: MULLER E CIENCIA.

 Hoxe tivemos a sorte de que nos visitase Carmen García Mateo para impartir unha charla ao alumnado de 5º e 6º .

Ela é Catedrática en Telecomunicacións na Universidade de Vigo gañadora no 2014 do Premio María Josefa Wonenburger Planells, no que o goberno galego, a través da Unidade de Muller e Ciencia, premia a mulleres  galegas salientables  no ámbito da ciencia. (Se clicades na imaxe  poderedes saber máis sobre a muller  galega e científica da que tomaron o nome para este galardón tan importante e necesario).


Carmen García Mateo recibiu o galardón non só con ilusión, se non que asegura telo gañado para poder influir nas mulleres xoves deste país, para que se dirixan ás tecnoloxías sen pensar que son incapaces.


Se clicades na súa foto poderedes acceder á páxina web Wisibilízalas onde lle fixeron unha entrevista que non vos podedes perder.

Tiñamos esta charla pensada para conmemorar o Día da muller e a nena na ciencia, pero non puidemos celebrala ata agora por problemas de axenda. 

Para esta charla o alumnado de 5º e 6º preparou unha batería de preguntas para facerlle a modo de entrevista e así facilitar a comunicación. Así os temas a tratar eran escollidos polo alumnado.

Carmen contestaba as síúas preguntas amosando unha grande capacidade comunicadora e unha cercanía que mantivo a atención en todo momento. Apoiou a súa charla con audivisuais e por se todo isto fose pouco traeu agasallos para tod@s.









Tamén nós lle tiñamos un presente









MOITAS GRAZAS!!!!!


3 comentarios:

  1. Moitas grazas a todos vos, especialmente aos alumn@s que tiñan tan ben preparada o guión coa presentación e as preguntas!!! Un pracer participar na xornada. Espérovos na Escola de Teleco e en AtlanTTic. Carmen

    ResponderEliminar
  2. O pracer foi meu. Gracias polo convite. Carmen

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas a tí. O comentario teu tardou en aparecer porque os temos suxeitos a moderación.
    Reiteramos que foi todo un luxo contar coa túa presenza e todo un exemplo non só para as nenas, senón tamén para os nenos!

    ResponderEliminar