mércores

ASÍ SE FIXO A NOSA PELI

 Xa sabedes que un dos produtos finais do noso Proxecto Anual de Centro "Coidadiño: xente medrando!", que tratou sobre os hábitos saudables,  foi facer unha película coa colaboración de toda a comunidade educativa.

Esollimos a canción "Para ben lavar as mans" que Carmen sanmartín compuxo para as nenas e os nenos do cole cando nos incorporamos á escola tras a pandemia Covid. a letra explica que xestos hai que facer nun lavado de mans correcto e dura o tempo necesario para facer un bo lavado. Así que se alguén lava as mans cantando a canción seguro que o fai ben!.

Decidimos que o alumndo de E. Infantil e o de 1º e 2º serían as actrices e actores da peli. O alumnado de 3º e 4º cámaras e o alumnado de 5º e 6º montadores e montadoras de vídeo.

Iniciamos o traballo aprendendo aspectos fundamentais sobre o encuadre e os planos no cine, que son os mesmos que no cómic, así como sobre o guión gráfico. Deste traballo encargáronse en 3º e 4º e de transmitirllo ao resto de compañeiros e compañeiras do cole, mediante unha presentación.


SE CLICADES NA IMAXE VEREDES A ENTRADA DO BLOG ONDE SE RECOLLE O VÍDEO DA PRESENTACIÓN E OS DOCUMENTOS ELABORADOS


Tamén aprenderon a utilizar a cámara de vídeo.


SE CLICADES NA IMAXE ACCEDEREDES Á ENTRADA DO BLOG ONDE  O CONTAMOS


A banda sonora da película sería a canción interpretada por toda a comunidade educativa. Para iso, ademais de aprendela e practicala nas clases de música, proporcionouse un enlace ao blog onde estaba a música e a letra, e así poder practicala nas casas. Tamén se enviou unha nota as familias convidándoas a colaborar con nós.


Así que chegou o día de empezar a gravación, despois de ter repartido o traballo entre o alumnado.

E así foi.



Por último, e para dar tempo ás familias para aprender ben a canción, gravamos a banda sonora.
Primeiro ensaiamos nós:


E ao día seguinte gravamos con elas!


E por último pasámoslles os vídeos e o son (banda sonora) ao alumnado de 5º e 6º que se puxo mans á obra nisto da montaxe de vídeos, dirixidos polo profe Pablo.
Pasárono en grande e fixérono moi ben!







E o resultado final volo poñeremos noutra entrada parael soíño.
Xa veredes!



Ningún comentario:

Publicar un comentario