domingo

CELEBRAMOS OS MAIOS

 Esta é unha festa grande no noso cole dende hai anos, e este curso tivemos a grande sorte de que o tempo nos acompañase o puidémola celebrar na Regueira, onde resulta moito mellor.

Previamente á celebración preparámola como é debido.

Cada clase escribiu as súas Coplas dos Maios seguindo a tradición de Outrense, ás que nós lle intercalamos un pequeno retrouso que nos permite enlazar mellor unhas con outras. Tamén ensaiamos a súa interpretación.

Traballaron asimesmo sobre a orixe e significado desta festa, así como as súas tradicións e a súa historia.

Nas clases de música cada clase preparou a súa intervención na danza colectiva, elaborando a súa coreografía utilizando paus, arcos ou cintas. A música escollida foi (como en anos anteriores) a Muiñeira de Chantada, porque para nós é a mais bonita de todas as que coñecemos.

Así que como vedes detrás da festa hai moito traballo previo.

Temos a sorte de poder contar coa Asociación Cultural Apelón do concello de Mugardos que elabora os maios para adornar, aporta parte da merenda e tráenos ao Grupo de gaitas Trouleada que ameniza o percorrido, o traballo e fai posible que bailemos con música en directo.

Pasámolo xenial e foi un día redondo. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario