Foron varias as activdades que levamos a cabo polo Día das Letras Galegas 2024.
Nas aulas traballaron con diversos materiais proporcionados polo Seminario Galán e por Primavera das letras . Textos, xogos, actividades en papel... serviron de canle para traballar co alumnado tanto a figura da homenaxeada deste ano, Luísa Villalta, como a importancia desta data para a nosa lingua.
Tamén se realizaron xogos de pistas a partir dos carteis das letras que envía aos centros a Consellería e que permanecen enmarcados nos corredores.
Para o xoves día 16 preparamos unha ximcana de 5 actividades diferentes e rotatorias a realizar en grupos mixtos (combinando alumnado de todas as aulas).
As 5 estacións foron:
- Obradoiro de arte. Debuxar e pintar a Luísa Villalta, con deiferentes modelos e técnicas segundo a idade do alumnado.
- Elaborar conxuntamente o cartafol despregable que oferce o Seminario Galán nos seus recursos en papel, repartindo tarefas acordes á idade de cada nena e neno de cada grupo (colorear, recortar, pegar..).
-Xogo de descifrar mensaxes segredos usando o "Cambialetras" de elaboración propia segundo a clave dada e para os máis pequenos outros máis sinxelos do Seminario Galán.
- Xogo de memoria, con cartas editadas por nós para tal ocasión, con apoio de cores para que poidan xogar os que aíndo non len.
Xogo de rasca e gaña, que resolverían despois de ter escoitado o vídeo sobre a súa biografía do CEIP. Chans de Bembrive .
VÍDEO SOBRE A BIOGRAFÍA
FICHAS DAS PROPOSTAS DO SEMINARIO GALÁN PARA @S MÁIS PEQUEN@S NA ACTIVIDADE DE DESCIFRAR MENSAXES SEGREDOS.
TEXTOS PARA DESCIFRAR
XOGO DE MEMORIA
RASCA E GAÑA
CARTAFOL DESPREGABLE
IMAXES UTILIZADAS PARA O OBRADOIRO DE ARTE
E así foi a xornada, mirade o vídeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario