xoves

PAIS E NAIS QUE CONTAN

 Un curso máis puxemos a andar esta actividade que tanto nos gusta.

Enviamos unha circular ás familias animándoas a vir ao cole para contar un conto.

Podían escoller día, conto (ou se querían algunha recomendación da biblioteca) e cómo e a quen contalo.

A verdade é que non tivemos moitas ofertas porque o horario escolar non facilita que nos visiten pais e nais que traballan, por iso agradecemos moitísimo a todas aquelas nais (porque son todas nais) e a unha tía que se animasen a participar nesta actividade.

A primeira foi a nai de Luís, que se atreveu a contar un conto a todo o cole.

O libro escollido foi "Daniela Pirata" , un conto do que Luís namorou cando o contamos na escola e pediuno na casa ata que llo mercaron. Foi escrito por SUSANNA ISERN e ilustrado por GÓMEZ .

Os piratas do Caimán Negro non queren nenas no seu barco... Que pasará cando chegue Daniela?

Mirade o vídeo que lle fixemos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario