Nas paredes do cole lucían con todo o seu esplendor mensaxes de Nadal primorosamente escritas colgadas de fermosas estrelas decoradas libremente polo alumnado.
Tamén mensaxes máis elaboradas do alumnado de 3º e 4º baixo o lema "comparte o teu Nadal" e unha sorpresa especial, xa que Papá Noel escolleu o noso cole para lavar a roupa.
O malo foi que como non quixo quitar o gorro, tivemos que bañar a Papá Noel con el posto. E aínda peor foi estendelo xunto coa roupa no noso tendal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario