Este curso decidimos que varios cursos compartisen a biblioteca durante a "Hora de ler", que no noso cole é despois do recreo.
Os martes comparten biblioteca de 1º ata 4º de EP. e os venres 1º,2º5º e 6º. Acordamos que neses días organizariamos lecturas compartidas. así o alumno ou alumna que lerá a seguinte semana escolle o título que quere ler e lévao a casa para preparar a súa lectura. Deste xeito garantios lecturas de calidade e con boa transmisión de mensaxes.
Empezarán @s máis grandes pero cando rematen a súa ronda cederanlle o turno ás nenas e nenos de 1º e 2º.
Aquí tedes un resumo do primeiro trimestre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario