Nesta actividade realizada durante este primeiro trimestre o alumnado participante, ademais de traballar os 5 lemas básicos do noso proxecto anual "COIDADIÑO: XENTE MEDRANDO!", fixeron cadanseu debuxo sobre un dos lemas e aprenderon a editar un word para elaborar un taboleiros de Escornabots e dados de xogo.
O primeiro foi debuxar e escanear as imaxes para telan a man cando editemos os taboleiros.
Aquí as tedes, xunto cos lemas do proxecto aos que se refiren.
Seguidamente comezou o traballo de edición.
Sinalar que este alumnado (3º e 4º de E. Primaria) non había traballado nunca cos ordenadores, así que todo isto de aprender onde e como gardar carpetas e documentos xa nos levou un tempiño.
Cando chegou a hora de poñerse a editar pasáronno moi ben explorando moitas das posibilidades que o programa lles ofrecía: insertar imaxe, movela, redimensionala, insertar formas, colorear formas, degradados, insertar cadro de texto, modificar letra, coloreala, ...
Traballaban en parellas e así o que un non aprendera ben explicáballo @ compañeir@.
Tamén aprenderon a gardar o traballo e cambialo a formato PDF para que non se alterase.
E aquí tedes os resultados (aínda que algún elemento presenta pequenos erros).
Actividade moi, moi, moi completa na que aprenderon moito e disfrutaron do traballo, ademais de concienciarse aínda máis nos hábitos saudables.
XENIAIS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario