Onde andará? O curso pasado secuestrárono uns alieníxenas e tivemos que liberalo.
Pasaría outra vez?
No seu sitio hai un cartel e nun cubiño vermello unha carta enroscada.
Xuntámonos tod@s na entrada para ver o que pasa. A profe Pili le a carta.
Dividímonos en 7 grupos. Cada grupo tiña o nome dunha hortaliza. (leitugas, repolos, cebolas, cenorias...). En cada grupo estabamos mixturados maiores e pequen@s e unha nena ou un neno de 6º era capitana ou capitán.
Tiñamos que pasar 7 probas de xeito colectivo e a última pasaríamola os capitáns e capitanas.
Cada proba tiña un tempo. Si a superábamos conseguiamos na nosa ficha un cuño dunha hortaliza diferente. Cada grupo empezaba nunha proba e pasado o tempo iríamos á seguinte. Así todos os grupos pasariamos as 7 probas ao mesmo tempo.
As probas foron as seguintes:
CIRCUITO DO VENTO
Por turnos e soprando a través de palliñas tiñamos que levar a faba ata a meta.
ESCORNABOTS E APEIROS DE LABRANZA
Un novo taboleiro de Escornabot agardábanos. Tratábase de ir aprendendo os nomes de diferntes apeiros de labranza. Por un lado traballábamos cos nomes a vista, e despois dunha voltas traballamos sen nomes.
E aínda había unha versión máis difícil cando en lugar do nome a tarxeta escollida daba a definición da ferramenta.
PASAPALABRA DE ADIVIÑAS
Seguindo un rosco coma o de Pasapalabra en cada letra había unha adiviña sobre unha froita, unha árbore, un froito, unha hortaliza....
REALIDADE AUMENTADA CON QUIVER
Coloreamos en equipo unhas láminas que despois vemos a través da app Quiver. Tamén facémonos fotos e vídeos con ela.
SALTAR, MEDIR, SUMAR E ESTIMAR.
Entre todo o equipo temos que conseguir saltar unha medida exacta. Así que saltamos por turnos, medimos e imos sumando os diferentes saltos. Cando nos achegamos á medida desexada estimamos e facemos o salto que nos levará a aproximarnos a esa medida o máis posible.
Mentres agardamos o turno xogamos un pouquiño.
Así era a ficha coa que traballaban para superar a proba.
XOGO DE MEMORIA
Típico xogo de memoria onde as cartas foron editadas especialmente para a ocasión.
Flores, froitas, froitos, hortalizas....
Se queredes imprimir e ter o voso propio xogo na casa, non tedes máis que descargar este documento:
Realizado pola profe Marina.
APRENDEMOS UNHA CANCIÓN UTILIZANDO PICTOS
Aprendemos a canción "A horta de Balbina" de María Fumaça utilizando os pictos que crearon no CEIP. Raquel Camacho, a quen agradecemos dende aquí a súa xenerosidade ao compartir.
A letra dí así:
E aquí compartimos o vídeo por se te animas a cantar:
ÚLTIMA PROBA
Xuntámonos tod@s na cancela que está ao fondo da zona dos columpios.
A cancela estaba pequeda e para poder abrila necesitariamos formar unha frase cun grupiño de palabras recortadas en papel e pegalas no seu sitio correspondente.
Isto estaba acabando e estabamos moi nervios@s por atopar a Pulpi e ver que agasallo tiña para nós.
E unha vez máis logramos o reto!!!
E temos un fermoso horto para traballar todo o ano e aprender unha chea de cousas!!
As profes, que sempre o saben todo, xa sabían onde estaba Pulpi e fixéronlle estas fermosas fotos.
Pulpi de hortelán!!!
Cada vez o queremos máis!!
É pra comelo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario