mércores

ROSALÍA DE CASTRO: 150 ANOS DE CANTARES GALEGOS


  (Para saber máis de Rosalía Clica na imaxe tan preciosa que nos proporcionou Rosana Rodiles, da biblioteca Xan Farias, do C.E.I.P. de Pazos- Ferrol))


O día 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, porque nesa data naceu no ano 1837.
Pero  ademais este ano,  o 17 de maio,( Día das Letras Galegas), cumpriranse 150 anos que Rosalía publicou "Cantares galegos".


Moitos centros educativos de toda Galicia sumáronse a renderlle homenaxe, e o noso cole non podía ser menos.

En cada clase de Primaria prepararon a lectura dalgún poema de Cantares Galegos, e ademáis nas clases de música e nas titorías aprendimos a canción que Amancio Prada fixo co poema "Adiós ríos, adiós fontes...".

Así, cando chegou o día da celebración cada curso leu maxistralmente o seu poema e como final de festa cantamos todos xuntos.

Foi verdadeiramente emocionante, porque cantar xuntos a coro fainos sentir máis unidos, fainos sentir parte na creación de algo fermoso e prodúcese un momento máxico, no que ata a Pulpi se lle salta algunha bágoa.

Os máis pequenos do cole sabían de memoria as tres primeiras estrofas da canción, así que foron eles os que comenzaron a canción e despois sumámonos todos os demais. Aínda que se vos fixades no vídeo veredes que algunhas sabíana toda.

Disfrutade deste momento todas as veces que queirades, porque merece a pena ver o vídeo unha e outra vez.



E aquí vos deixo outro dos moitos vídeos que se fixeron nos coles galegos.
Este correspóndese á Biblioteca Chimpalibros, do colexio de Fornelo de Montes e pareceunos especialmente bonito.
Parabéns a estas nenas e nenos e ao seu profesorado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario