Con este lema iniciamos un novo curso nas bibliotecas escolares de Galicia integradas no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).
Acompaña sempre ao lema do ano un cartel representativo creado por un/unha ilustrador/ilustradora salientable.
O deste curso é obra de
Óscar Villán (ilustrador) e reflicte moi ben cal é a concepción dunha biblioteca escolar do século XXI. Fixádevos ben en cada unha das esceas do cartel e veredes moitas situacións que a cotío se dan na nosa biblio.
Se premedes na imaxe accederedes á entrada do blog da Asesoría de Bibliotecas onde se poden ler frases tan fermosas coma esta:
Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario