Xa sabedes que a nosa é unha Biblioteca Creativa.
O curso pasado entramos a formar parte deste programa que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de infantil e primaria e que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
No curso pasado recibimos materiais e formación para a construcción de 4 Escornabots para a biblioteca escolar. E para traballar con eles elaboramos diferntes materiais e levámolos polas aulas para que a información do seu manexo chegara a todo o alumnado.
Nesta ocasión, ao ser o segundo curso dentro do programa, recibimos dotación económica para a compra dunha impresora 3D así como formación básica para poder crear os noso propios deseños.
A responsable da Bilioteca acudiu a unha xornada de formación celebrada o pasado 25 de outubro na EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago da que veu cargada de ideas e ilusións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario