O pasado mércores desfrutamos do Samaín no cole de Franza. O Samaín é unha festa que marca o final da época de colleitas e o inicio da "metade máis escura do ano".
Este curso contamos coa Asociación Cultural Apelón que conseguiu que o a nosa biblioteca se convertese nun espazo cargado de mística e tradición cunha incrible ambientación e posta en escena.
Houbo tempo para os "contos de medo" cos maiores do colexio e os máis pequechos desfrutaron de clásicos adaptados á súa idade e gustos.
Sen dúbida, unha experiencia moi positiva que, grazas aos amigos da Asociación Cultural Apelón, nos permitiu conmemorar o Samaín no colexio.

.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario