O pasado 24 de outubro celebramos “O día das Bibliotecas
Escolares” e aproveitamos para presentar o proxecto para o curso actual.
A nosa mascota Pulpi convocounos na biblioteca
despois do recreo.
Mediante unhas probas que os alumnos/as resolveron en pequenos grupos coñecemos que o título do noso proxecto anual “ImaxinARTE”, tiveron que decorar un mural co título e obtiveron como recompensa o carné do artista.
Ao longo do curso deberemos superar probas e converternos en auténticos artistas.
Seremos capaces?



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario