A profe Susana, sempre inqueda e sempre na busca de novas actividades, novas maneiras de traballar, novas maneiras de involucar ao alumnado...., é dicir, unha superprofe, tróxonos esta vez esta actividade que é todo un agasallo para tod@s.
Eres capaz de meter un conto nun frasco?
Non?....Xa verás como sí.
Pensa nun conto e pensa na súa historia (non te quedes no título). Pensa qué elementos físicos do conto son "chaves" na súa historia.... Exacto!!! Xa o vas collendo? En Brancaneves...., a mazá, ou o espello máxico,... ou o cofre do cazador onde meteu o corazón dun venado,..... Xa o tes!!!! Busca/ou fabrica estes obxectos en miniatura, busca un frasco de cristal ou plástico transparente e mete dentro todo iso...., colócao na entrada e dinos (só á túa profe) que conto é para fotocopiar a súa portada.
Pois xa o temos todo listo. Colocamos os frascos todos, pegamos as carátulas dos contos... e xa podemos xogar ás adiviñas!!!
Toda unha homenaxe ao mundo dos contos e todo un agasallo para o cole!!!
Outra xenialidade "made in" Susana.
FRASCOS LITERARIOS by Slidely Slideshow
Ningún comentario:
Publicar un comentario