Primeiro visionamos o seguinte vídeo que a Asociación Familias Azuis , co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, presentaron para visibilizar o autismo, eliminando falsos mitos e celebrando a diversidade de xeito optimista, (texto copiado da presentación de Youtube do vídeo) e que a profe Susana (coordinadora do EDL) nos trouxo.
Tamén a profe Susana preparou a lectura do conto que sobre o autismo ten a colección "Quieres conocerme" da Editorial Salvatella. de Asun Galera e Carmina del Río.
No relato Dani, un neno con autismo, explica os seus problemas, as súas aficións, os seus gustos.... E tamén explica como podemos axudar a un compañeiro ou compañeira como Dani. (Texto extraído da páxina da Editorial)
A verdade é que espertou o interese de todo o alumnado, que sempre é moi receptivo nestes temas e tod@s aprendimos un pouco máis sobre a diversidade.
Mirade as fotos e veredes que o que digo non é mentira!!!
E se queredes volver a ler o conto non tedes máis que collelo emprestado na biblio.
Tamén podedes ver este vídeo no que o texto foi substituído por Pictogramas, aínda que tamén se pode escoitar ou non escoitar (se lle quitas o volume) e así tentar ler ti os pictogramas.
Ademais imprimimos uns folletos co díptico do IBBY que publicou Olepi.org nese día:
Aquí vos deixamos o texto extraído da páxina da Oepli.
Vou con présa!, Non teño tempo ningún!, Aburiño!... Expresións coma estas poden escoitarse quizais acotío, non só en Lituania -no centro mesmo de Europa-, senón en moitas partes do mundo. E a miúdo escóitase dicir tamén que vivimos na idade da abundancia da información, da présa e da precipitación.
Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda. Parece que os libros teñen unha cualidade marabillosa -axúdannos a acougar. Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada. Comezas a entender que non paga a pena lanzarse a facer tarefas de dubidosa urxencia. Nun libro todo acontece paseniñamente, en orde e segundo unha secuencia. Quizais porque as súas páxinas están numeradas, quizais porque as súas follas roxen amodo a medida que as vas pasando. Nos libros, os acontecementos do pasado atópanse cos que aínda están por chegar.
O universo dos libros é moi extenso; e nel poden mesturarse a realidade coa imaxinación e a fantasía. Ás veces non sabes moi ben onde -se nun libro ou na vida- percibiches de que xeito tan fermoso caen as pingas do tellado nevado cando se derreten, ou de que forma tan bonita cobre a carriza o valado da veciña. Foi nun libro ou na realidade onde comprobaches que as amoras non só son bonitas senón tamén amargas? Aconteceu nun libro ou na realidade cando estabas estomballada sobre a herba seca no verán, e despois sentada coas pernas cruzadas, vendo como as nubes avanzan polo ceo adiante?
Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si?
E non comprobastes o milagre de que cando estás a ler un libro, o libro tamén te le? Si, si, os libros tamén saben ler. Lenvos a fronte, as cellas, as comisuras da boca que soben e baixan, pero primeiro e por riba de todo, os libros len os ollos. E mirándote aos ollos, eles ven... vaites, xa sabedes o que ven!
Estou seguro de que os libros nunca están aburridos se están entre as túas mans. Unha persoa que goce lendo -sexa pequena ou adulta- é moito máis interesante que unha persoa á que non lle preocupen os libros, que sempre estea bulindo a contrarreloxo, que non teña tempo para sentar, que non teña tempo para fixarse en nada do seu arredor.
No Día Internacional do Libro Infantil, este é o meu desexo para todas nós:
Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!

Escrito por Kęstutis Kasparavičius
Ilustrado por Kęstutis Kasparavičius
Traducido por Antía Marante Arias (GÁLIX)

Ningún comentario:
Publicar un comentario