xoves

CHEGA O ENTROIDO!!!... E ESTE ANO ECOLÓXICO

 Como cada ano, Pulpi dicta "os mandados" da semana do Entroido.

Pero este curso, en lugar de facelo día a día (como fixo en anos anteriores) converteuse en "POETA" e xuntou nun só texto os mandados de toda a semana.

E como este ano estamos a traballar o de "PLANETA SOSTEIBLE, NECESARIO E POSIBLE" o disfraz ha de ser con materiais de refugallo, reciclando ou re-usando.

Xa sabedes! A facerlle caso!! POR UN ENTROIDO ECOLÓXICO



Por se non o vedes ben, aquí vos deixamos a letra:


Para o Entroido deste curso,

escolle unha PROFESIÓN

e irás traendo ao cole

o que di esta canción.

Se non queres te equivocar

has de ler con atención:


O LUNS o da cabeza

non importa o que sexa,

o MARTES o das mans

para poñer ou levar,

o MÉRCORES un complemento

que levarás con moito xeito,

o XOVES o dos pés

do dereito ou do revés

e o VENRES como final

o disfraz no seu total.


E como o "PLANETA SOSTIBLE,

É NECESARIO E POSIBLE"

argallarás o teu disfraz

procurando "non mercar".

Materiais de refugallo,

reciclaxe ou re-usado.


FELIZ ENTROIDO!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario