No corredor da planta baixa, por onde tod@s pasamos cada día, temos un taboleiro coas fotos de todo o alumnado, porque neste cole ninguén é anónimo.
Sabendo que a amizade é o mellor condimento para alimentar a paz, organizamos unha actividade ben bonita.
En cada clase cada nena e cada neno debería escribir nun carteliño que lle proporcionamos, un adxectivo positivo d@ compañeir@ que lle tocase nunha escolla ao chou.
Despois pegariámolo no taboleiro, xusto debaixo da súa foto, para que toda a comunidade educativa puidese coñecer esa virtude salientable de cadaquén.
Tamén adornamos o taboleiro cunha pomba da paz feita en collage e coas letras de "Amizade" ben bonitas e grandes para que non se nos esqueza o grande tesouro que temos.
Bonito, non?
Ningún comentario:
Publicar un comentario