Así, Educación Infantil acudiu o día 17 de outubro ao espectáculo Contacreques, da Compañía Eme 2.
Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 anos e os 7 anos. Baseado nos contos clásicos O Reiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos.
Garavanciño: As peripecis dun minúsculo personaxe nun mundo de “xigantes”.
O Resiseñor: Na remota China, O canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.
O Zapateiro e os trasnos: A maxia dun Zapatrasno que é quen de transformar a realidade.
Nos transporta a un mundo con voces de contacontos e corpos de monicreques.
Estes contos forman parte dos fondos da nosa biblioteca e os días seguintes á representación foron levados á aula de infantil para recordar a súa historia
E o alumnado de E. Primaria acudiu o 7 de novembro á representación da obra "Lúa", de Teatro dos Ghazafelhos.
Na obra tratan das relacións que temos as personas do noso mundo que nos levan a non entendernos e provocar medos e violencia a través dunha analoxía entre o fantástico e o máxico. Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes na representación.
O texto de Pepablo Patinho e Nuria Díaz, integrantes da compañía, temén está editado en conto por Edicións Embora.
Se clicades na imaxe veredes o vídeo promocional da representación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario