domingo

SAMAÍN E MAGOSTO

No cole temos o costume de celebrar practicamente de xeito simultáneo o Samaín e o Magosto.
Contámosvos como fixemos este ano.

Primeiro decoramos as aulas, os corredores, a biblioteca... e elaboramos cabazas coas familias que se espuxeron na entrada do cole.
Tamén en 5º elaboraron un mural especial para decorar o patio cuberto.
No día sinalado e durante  "A hora do conto" xuntouse todo o alumnado de EP para o visionado do vídeo "La leyenda del espantapájaros", aínda que tod@s estaban moi atentos a ver cando entraba a profe "Pili" a darlles un susto (como pasa cada ano). Eso non impediu que se asustaran igualmente.
Cando saían da biblio agardáballes unha divertida sorpresa. Varias profes disfrazadas de xeito "terrorífico" repartíanlles unha merenda de medo especialmente elaborada para a ocasión: "tumbas de crema de cacao" con versión para celíacos, e mandarinas-cabazas.





Samaín by Slidely Slideshow


Ao día seguinte celebrábase o magosto.

Xa uns días antes o alumnado de EInfantil, e 1º e 2º de Primaria fixeran unha saída pola contorna para recoller castañas. Tamén aprenderon a recoñecer os castiñeiros, as súas follas e os ourizos.



Saída de outono by Slidely Slideshow


E ao día seguinte ao do Samín que vos contamos, @ que así o quixo veu disfrazad@ do tema Samaín. Nas clases prepararon os manteis para sentarse ao redor durante a merenda á que convidaba a ANPA: boliños preñados, castañas asadas e elgo de beber.

Pasámolo xenial!!!

Non vos perdades escoitar o RAP DO MAGOSTO,  de Paco Nogueiras mentras vedes estas fotos!!



MAGOSTO 2017 by Slidely Slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario