sábado

DÍA DA INFANCIA 2023

 Este ano, para celebrar tan sinalado día, sumámonos á  3ª Xornada das superheroínas e superheroes á que a Xunta de Galicia convidaba a sumarse a todos os centros educativos, por iniciativa da Fundació La nineta dels ulls, que traballa para seguir investigando e buscando unha cura para o retinoblastoma (cancro ocular máis frecuente en nenas e nenos menores de 6 anos).

O lema desta xornada foi  "E ti, que  superpoder tes?



Así que pedimos ao noso alumnado e ás súas familias que nos enviasen unha foto onde se visibilizase o superpoder máis salientable de cada nena e de cada neno da escola, porque parécenos moi importante o recoñecemento das capacidades persoais de todos e todas e sobre todo daquelas capacidades que non quedan de manifesto na vida na escola.

Con todas as fotos fixemos un mural na entrada do cole, Ademais decoramos os antifaces que a campaña proporcionaba e nos sacamos unhas fotos todos xuntos baixo o mural.

E para deixar pegada para sempre, editaremos un libro (que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca) onde quedará recollido o superpoder de cada nena e neno do cole.





E por ter participado nesta xornada que tanto nos gustou, recibiremos un selo de "Escola con superpoderes".







Ningún comentario:

Publicar un comentario